Lingua 1: Proxecto LRC Proxecto LRC: mellorar o apoio da aprendizaxe de idiomas a través de Centros de Recursos de Idiomas (LRCs) O obxectivo deste proxecto é mellorar e desenvolver o apoio do ensino e aprendizaxe de idiomas compartindo técnicas entre Centros de Recursos de Idiomas xa establecidos e os que aínda se están a desenvolver. Comprende un consorcio de 17 organizacións membros de 13 países europeos. Outro obxectivo é axudar aos centros a ampliar o seu acceso a través da introducción de novos idiomas (especialmente os idiomas europeos menos usados), establecer novos servicios (acceso a distancia, novos medios) ou aumentar o número de usuarios (por exemplo, chegar a un público máis amplo). As medidas inclúen: · Escribir e publicar unha guía práctica e fácil de ler- As Pautas da Boa Práctica (disponible en 4 idiomas no formato de libro e en 14 idiomas na versión electrónica) dirixida a persoas involucradas en establecer ou manter un Centro de Recursos de Idiomas (LRC). · Fomentar o diálogo profesional formando a base dunha rede electrónica para coordinadores de LRCs; esta rede porase no portal público do proxecto. · Facer disponible o devandito portal público por un período de 2 anos despois da terminación da fase subvencionada do proxecto para asegurar que a rede internacional de apoio e intercambio de técnicas, creada durante o proxecto, siga a desenvolverse e a ter impacto alén da duración do proxecto mesmo. Para máis información póñase en contacto coa administrativa do proxecto LRC en CILT, the National Centre for Languages. Projexto LRC |